top of page

Carrera nocturna de Sada

E por fin chegou o venres 13 de Decembro e a nosa cita anual en Sada pra participar na carreira nocturna solidaria. Este ano os corredores fumos: Fernando L., Fátima R., J.M. Andrés, Magdalena V., Rubén B., J. Insua, Jesús C., Alejandro G., J. Campos, Marisa R., Elena L, Juan M. e Andrea G. O pronóstico do tempo non era moi bo así que nos preparamos pra o gran diluvio porque non nos da medo a choiva ¡Non encollemos!, pero unha vez xa ubicados preto da hora das saídas das carreiras dos menores deixou de chover así que xa estivémonos preparando mentres animabamos aos peques. Antes da carreira absoluta tivo lugar a carreira adaptada onde cada ano somos máis participantes e respírase bo ambiente e ánimos por todas as rúas do pobo e algún que outro "pique" pra esprimir as nosas forzas pra chegar victoriosos a meta onde colgáronnos a merecida medalla. Voltamos a xuntarnos todo o grupo pra animar aos participantes da carreira absoluta e case sen darnos conta xa estaban chegando os primeiros a meta momento no que xa os nosos estómagos comezaban a falar pedindo comida así que puxemos rumbo a zoa do porto onde nos agardaba Pepe coa mesa posta e a comida a punto pra repoñer forzas. Fixemos unha sobremesa moi agradable e cando xa se comezaban a esgotar as nosas enerxías decidimos regresar a casa e durmir que ao día seguinte os horarios non perdoan.

Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page