top of page

LODOSELO 2019

  • Foto del escritor: centroricardobaro
    centroricardobaro
  • 24 abr 2019
  • 2 Min. de lectura

O martes: José J., J.M. Queiruga, Magdalena V., Francisco D., Graciela M., Laureano A., Fátima R., Pili P., J.A. Viquendi, Caridad V., Victor D., Marisa R., Samuel G., Bea C. e Andrea B.; saimos rumbo a Lodoselo. Unha vez que tod@s xa sabiamos onde iamos durmir aproveitamos que non chovía pra poñer a proba as nosas destrezas cos xogos populares e despois tivemos o obradoiro de barro onde fixemos bombas de semente e fósiles! unha vez rematados estes obradoiros fomos tomar algo pra hidratarnos antes de cear. Ao día seguinte visitamos aos animais onde tivemos a oportunidade de darlle o biberón a un pequeno año, alimentar ovellas e ir ver aos coellos e galiñas, xa pola tarde desprazámonos a Xinzo a visitar o museo do entroido onde nos explicaron os distintos traxes coas súas tradicións, unha vez rematada a visita continuamos coa excursión e fomos ver a Torre da Pena e tivemos sorte que o tempo respetounos pra chegar secos a furgoneta. O xoves estivemos toda a mañá polo pobo na búsqueda de pistas, tivémonos que dividir en 2 equipas e conseguir contestar a todas as preguntas polo que tivemos que preguntar aos veciños xa que non sabiamos as respostas.... pasámolo pipa! e pola tarde subímonos as furgonetas pra irmos de ruta: visitamos outra torre, a Torre da Forxa onde merendamos e despois fomos a A Carballa e ás Areeiras, pola noite xa se ía notando o cansancio pero acustámonos coa ilusión de saber que ao día seguinte iamos facer pan. E chegou o venres, e dirixímonos ao forno onde Angelita tiña todo preparado pra nós, amasamos cada un de nón un bolo e pra facer máis levadeira a espera de reposo fomos tomar algo ao bar do pobo onde xa nos coñecían coma se foramos da casa, transcurrido o tempo preciso regresamos ao forno pra cocer os nosos bolos e marchamos a xantar, sen presa pero sen pausa recollimos as nosas pertenencias, cargamos as furgonetas, non sen antes ir buscar o noso pan e regresamos pra o Ricardo Baró, onde contamos as nosas aventuras aos compañeiros.

Comments


Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

© 2016 por ASPRONAGA

  • b-facebook
  • Twitter Round
bottom of page